Skip to content Skip to navigation

Patinaxe Artística

Sendo Delio Guisande presidente xa se deran os primeiros pasos na configuración do “Clube de Patinaxe” da man de María Alonso, pero a súa creación definitiva deuse cando ela xa era presidenta do C.V.C.V., sendo por tanto a Primeira Presidenta do Clube de Patinaxe. Primeiro fixéronse as Escolas de Patinaxe, e a continuación o “Clube de Patinaxe”, que aínda que se nutre das escolas dependentes do Centro Veciñal e Cultural, é independente do mesmo. A partir do segundo ano pasou a ser o mellor de Galiza ata a actualidade.

Na actualidade seguen a adestrar da man de Ana Santomé , Diana e Tamara Valderrama  e contan cun numeroso grupo de integrantes.

Da súa calidade dan mostra nos Festivais de Fin de curso que se celebran cada ano no Pavillón Polideportivo de Valladares.

Aínda que a escola está destinada maioritariamente a nenos e mozos, hai nestes momento un grupo de adultos que adestran os sábados polas mañás da man de Diana Valderrama.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014