Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociadas/os:
a) Fundadoras/es, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional
b) De número, aquelas/es que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional
c) Honorarias/os ou colaboradoras/es, aquelas persoas físicas ou xurídicas, que a proposta da Xunta directiva e contando coa aprobación da Asemblea Xeral axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.
d) Xuvenís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociación, que estarán integradas e representadas pola sección xuvenil, nomeada “Xuntanza Xuvenil do CVCValladares”
e) Protexidas/os, aquelas persoas que por atravesaren dificultades económicas ou de saúde non poidan facer fronte ás cotas sociais que se estipulen en cada momento. Estes poderán ser temporais ou permanentes e sempre a expensas dos criterios que poña a Xunta Directiva en cada momento.
COTA ANUAL ASOCIADAS/OS: 50 €/ano
Nos arquivos adxuntos poderás descargar os nosos estatutos.
Tamén a ficha de socia/o que deberás encher e presentar na oficina.
Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014