Skip to content Skip to navigation

Fútbol Veteranos

SUBVENCIONADO POR:

  

 

O equipo de “Veteranos C.C.A.R.” foi fundado no ano 1975 e está federado dende a temporada do 76-77. O seu nome cambiou polo de “Veteranos C.V.C.V.”, no momento en que se produciu a fusión entre o Cetro Cultural Artístico e Recreativo e a Xunta Parroquial. 

Entre os seus socios fundadores contáronse: Agustín Fernández  “Tino” (que foi moi importante para o equipo, dado que exerceu a labor de delegado dende o principio ata que faleceu), Jaime Freiría e Antero Rodríguez (actual delegado). Nos primeiros equipos xogaron, entre outros, Kiko, Joaquín, ”O Roxo”, Hipólito, Pahíño, Gillermo Davila, “Chito”, Santiago, Roberto, Carlos “Chain”, Julio de Vincios e Tito. A práctica maioría deles xogaran con anterioridade no Clube Deportivo Valladares.

Algúns destes homes estiveron en activo sendo verdadeiros veteranos, como foi o caso de Joaquín que estivo ata os cincuenta e dous anos ou Antero que xogou ata os cincuenta e oito. Lino, Víctor, Tino, Rique (o actual adestrador), Lolo... son dos xogadores que teñen máis antigüidade na actualidade.

O equipo sempre estivo xogando na primeira división da Agrupación de Veteranos da zona de Vigo, na que están inscritos setenta equipos. Foron varios os trofeos acadados, aínda que o máis importante deles foi a primeira posición do torneo “Estévez”, no ano 1992.

Aínda que, nun primeiro momento, este equipo dependía economicamente, en parte, do Centro Veciñal e Cultural, na actualidade susténtase grazas á ficha dos xogadores e a un pequeno cupo.

Uns anos despois da fundación deste equipo de veteranos, produciuse unha escisión, da cal resultou unha nova formación:  “Veteranos Valladares”.

Os fundadores deste segundo equipo foron, entre outros: Roberto, Julián Comesaña, Nardo Almuíña, Isidro, Manolo, Santi “Pisco”, Servando, Julio “Perrachica”, etc. Con posterioridade xogaron outros como: Carballo, Morán, Avendaño, Dolfito, Nemesio, Lano, “Gancho”... O lugar de reunión destes xogadores estivo no bar da “Manola” na Sobreira e, con posterioridade, en Zamáns no “Bar Horacio”.

Aínda que durante a maior parte da súa existencia estiveron xogando en primeira da mesma liga que o anterior equipo, o certo é que houbo momentos nos que non se puideron aguantar e baixaron a segunda.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014