Skip to content Skip to navigation

Programación

REPRESENTACIÓNS TEATRAIS

CIRCUÍTO GALEGO DE TEATRO AFECCIONADO EN VALLADARES

É un circuíto que se celebra nos meses de outubro ou novembro ao longo de catro fins de semana.
Nel participan grupos de teatro afeccionado de toda Galicia coas súas mellores propostas
Organízao o Grupo de Teatro Escoitade, coa colaboración da FEGATEA e o patrocinio da CONSELLERÍA DE CULTURA DA XUNTA DE GALICIA

 

FOLCLORE

CERTAME INTERNACIONAL DE IMPROVISACIÓN ORAL

Cada ano nos meses de outubro ou novembro vénse desenvolvendo unha edición deste Certame no que se  dan cita os mellores represenantes da arte da improvisación oral.

Acoden participantes tanto galegos como doutras partes do estado e asemade do continente americano, como de Cuba, Colombia, Arxentina  ou Uruguai.

Está organizado conxuntamente coa Asociación ORAL de Galicia

CONCURSO DE GAITAS NAZARIO GONZÁLEZ "MOXENAS"

Este concurso de cuartetos de gaitas nace no ano 2008, co ánimo de darlle un pulo ó instrumento máis representativo do País e a formación que máis o dignificou e que na actualidade semella estar fora dos focos mediaticos.

Celébrase en honra ao que fora mestre de gaitas do Centro, Nazario González "Moxenas"

FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERBARRIOS

Organizado polas asociacións de veciños e culturais das Parroquias de Matamá, Beade, Bembrive e o CVC de Valladares para amosar as capacidades das nosas agrupacións folclóricas.
Vaise alternando cada ano nunha das distintas sedes das entidades organizadoras.

FESTIVAL FOLCLÓRICO INTERNACIONAL

O Concello de Vigo, a Asociación Cultural Interfolc e a Escola de Danza Municipal dánnos a oportunidade de gozar do folclóre de países que doutro xeito non poderíamos coñecer.
Ao longo das diversas edicións que se celebraron teñen intervido grupos dos continentes europeo, africano, americano e asiático.

SERÁN

Tódolos anos arredor do mes de maio concéntranse nas instalacións do centro unha boa cantidade de persoas ás que lles gusta cantar, bailar ou tocar instrumentos tradicionais arredor dun palco e duns micrófonos para que non se perda a tradición dos Seráns.

LETRAS GALEGAS

Todos os anos celébrnase actividades culturais arredor da do Día das Letras Galegas.

Nomeadamente  folclóricas así como a lectura de poemas.

CONCERTOS

CICLO MAR DE BANDAS

A Federación de Bandas de Música Populares de Vigo organiza este ciclo en colaboración co Concello de Vigo e nos permite acoller bandas doutras parroquias e barrios de Vigo e aprezar as súas execucións e repertorio. 

CONCERTOS DE PRIMAVERA E CONCERTOS DE OUTONO

Trátase da programación conxunta de concerto entre o Centro Veciñal e a Unión Musical de Valladares que permite coñecer as novas obras que a banda está a preparar ao longo do ano, así como de preparación para as súas intervencións en diversos concursos, tanto a nivel provincial, autonómico ou estatal.

CONCURSOS ZONAIS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

CANTO CORAL

 

 

MAR DE CORAIS

A ACOPOVI, xunto co Concello de Vigo, ofrece a posibilidade de escoitar as diversas corais do Concello a través de múltiples actuacións nos diversos auditorios dos barrios e parroquias.

CERTAME DO HUMOR

O Certame de Humor naceu para dar a oportunidade a aquelas persoas que non tiñan onde amosar as súas habilidades  cómicas e pouco a pouco foise consolidando e acollendo tamén a persoaxes da carteleira galega dos monologuistas e contacontos.

 


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014