Skip to content Skip to navigation

Área Veciñal

 

DEMANDAS E REIVINDICACIÓNS

URBANISMO

- Que non se restrinxan as zonas edificables na Parroquia, facendo unha interpretación restrictiva da lei  que impida que os veciños poidan edificar e fomentando a especulación.

  • Que non se ubique a cidade do Deporte en pleno Centro da Parroquia
  • Que a zona Industrial do Frío prevista se desprace hacia os arredores, tal e como se recolle nas suxerencias e alegacións presentadas ó borrador do PXOU
  • Se reserven posibles ubicacións para veciños afectados por expropiacións, nomeadamente os afectados pola ampliación do Parque Tecnolóxico.
  • Se facilite a ampliación do novo Centro Sociocultural.
  • Que non se desenrole o Parque Industrial da Garrida, namentras que non estén ocupados o resto dos parques programados na Parroquia
  • Plan Xeral de Vigo (Modificacións que afectan a Parroquia)
  •  

VIAIS E COMUNICACIÓNS

  • Se habilite o paseo previsto no Vial Castrelos Universidade (Avda. Clara Campoamor) e se deslinde das propiedades particulares e se urbanice por mor do cada vez máis numeroso tránsito pedestre que discurre por el hacia o ambulatorio e outros puntos.
  • Que o enlace da Universidade coa Autoestrada do Miñor non se faga sobre terreos da Parroquia
  • Se proceda ó asfaltado dos viais e camiños que actualmente teñen o firme deteriorado
  • Se humanicen e/ou ensanchen os principais viais interiores da Parroquia e si cadra se proceda a reordenalo tráfico entorno a algúns deles.
  • Se levante e retranquee o muro do Colexio Igrexa Valladares, que caiu sobre a Estrada da Igrexa.

INFRAESTRUCTURAS E EQUIPAMENTOS

  • Se impulse a súa ampliación para acoller outros servizos socioculturais, como poden ser: ximnasio, escola de música, taller de formación ocupacional / científico,...
  • Se defina, desenrole e se dote a zona de servizos socioculturais do Pedregal
  • Dotar dun pequeno espazo para o servizo comunitario ó barrio da Sobreira
  • Se dote de servizos complementarios a Piscina Municipal do Pedregal
  • Finalización do escenario o ar libre do Alba
  • Se reforcen os parques infantís existentes
  • Se limpe e poña en valor o área recreativa do Parque Tecnolóxico de Vigo, encol do Río Barxa
  • Se construa unha redonda de acceso ó novo Centro Sociocultural do Pedregal
  • Se estudie a execución do Parque Botánico de Vigo.
  • Se limpe e poña en valor o área recreativa do Muíño das Maquias e se lle forneza auga permanentemente do encoro de Zamáns.
  • Se axeiten os Parques Forestais do Monte dos Pozos e o do Cepudo
  • Se instale un Centro de Formación Ocupacional e de Ciencia e Tecnoloxía para Moz@s.
  • Se habilite un circuíto de bici de montaña coas debidas condicións regulamentarias e de seguridade
  • Eliminacións dos sifóns que atravesan o Camiño da Valada e impiden a  circulación de autobuses e camións por el
  • Realización de melloras no Área Deportiva das Cans

OUTRAS MELLORAS E SERVIZOS

  • Unha maior frecuencia do transporte público e  a súa chegada a sitios nos que na actualidade non dan servizo
  • Colocación de marquesiñas en tódalas paradas
  • Reforzo de potencia eléctrica
  • Incrementalo número de Illas de Reciclaxe
  • Se apoie o Aula Multimedia ou Telecentro Parroquial

ADEMAIS

  • Que Seragua lle ceda a parroquia os mananciais que non usa no monte da Sobreira
  • Que se inclúa o Revoltallo nas Festas de vigo e se aposte por este Festival acorde a súa historia e traxectoria.
  • Unha maior implicación  no traballo de prevención de situacións/conductas de risco social e un maior seguimento dos casos de exclusión que se dan no rural e no fomento do emprego.
  • Se desenvolvan e doten economicamente ós Consellos Parroquiais dentro das Políticas de Participación Cidadá Municipal
  • Se vele porque non se ocupen os baldios existentes na Parroquia
  • Se colabore na localización de fincas perdidas polos herdeiros actuais
  • Se clarexen as extremas entre as distintas parroquias

Na nosa canle de vídeos temos un referente á rehabilitación do Muíño da Senra do pasado ano 2016

Na galería de fotografías pódense ver algunhas das actuacións realizadas no último ano nesta área veciñal


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014