Skip to content Skip to navigation

Programación

Saídas culturais e recreativas

As saídas, tanto culturais  como recreativas teñen un amplo abano de posibilidades ao longo de todo o ano

A de maior duración soe levarse a cabo en setembro e levou as persoas interesadas a distintos punto da xeografía española, portuguesa e chegou ata Francia.

Semana Santa é época propicia para facer viaxes dunha duración máis curta, pero non menos intensa e interesante.

Asemade hai unha programación de saídas de un día ou de fin de semana que permiten percorrer a bisbarra, a provincia e a autonomía

Tamén se fan visitas guíadas a museus e a todo tipo de institucións culturais e sociais

 

Sociais

Información e asesoramento sobre recursos dos servicios sociais, pensións, dependencia...

 

Culturais

Actuacións de grupos de teatro de maiores

Asistencia a representacións no Teatro auditorio de Novacaixagalicia

Charlas sobre consumo e recibo da electicidade

Formativas

Entre outra actividades lévanse a cabo durante todo o ano cursos de Iniciación á Informática e Internet.

 

Festas

Vodas de Ouro

Arredor da data de San Valentín celébrase esta Festa na que se homenaxea aos matrimonios, socios/as do Centro, que levan casados 50 anos.

 

Festival dos Maiores

Conta finais de ano organízase este festival que congrega a máis de 200 persoas e que comeza por unha excursión, seguida de misa e remata cun xantar de confraternidade, baile e entrega de agasallos aos asistentes.

Físicas

Ximnasia de mantemento, Tai-chi, Baileterapia, Ioga para maiores,Avellentamento activo

 

 


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014