Skip to content Skip to navigation

GUILLERMO ÁLVAREZ PÉREZ E O CENTRO CULTURAL A.R. DE VALLADARES

0 día 2 de abril do ano 1977, saíu elixido, das tres candidaturas presentadas, (Ignacio Costas Piñeiro, Guillermo Álvarez Pérez e Luís Alonso Novoa) como novo presidente Guillermo Álvarez Pérez, sendo a súa primeira actuación, integrar a varios membros da candidatura de Luís Alonso Novoa e xunto a eles un amplo elenco de raparigas e rapaces novos, entre os que se encontraban, entre outros, o propio Luís Alonso Novoa como vicepresidente e Isidro Piñeiro Pérez exercendo de secretario. Foi un cambio en tódolos sentidos e, moi poucos colaboradores estiveran na anterior directiva (Delio Guisande Alonso continuou sendo o tesoureiro e Teodoro Piñeiro Alonso seguiu no tocante á animación cultural).

Tratouse dunha directiva moi rompedora, cun xeito diferente de facer as cousas. Mentres que Ignacio era a cabeza de todo o que ocorría e, en gran medida era o que tomaba as decisións; Guillermo delegaba gran parte das responsabilidades nos seus colaboradores. Créanse as Comisión de Augas, Veciñal, de Sanidade, de Ensino, Xuvenil, de Urbanismo, de Deportes, de Mantenimento e nelas intégranse Evaristo Piñeiro Barreiro, Isidro Barreiro Quintas, Héctor González Alonso, Manuel Cabezas Alonso, José Cabezas Alonso, Lucía Salgueiro Pérez, Marisol Fernández Pérez, Blanca Costas Vilaboa, Marina Fernández Comesaña, Marina Fernández Agra, María Alonso Salgueiro, Juan Manuel Pérez Fernández, José M. Buceta Gómez, Florentino Ramilo Costas, Santiago Pérez Figueroa, Guillermo Fernández Piñeiro, Edelmiro Iglesias Cabezas, José Ramón Seoane Rosende, Martín Alonso Costas, Miguel Estévez Alonso, José M. Fdz. Troncoso, Manuel Cabral Pérez, Ramón Piñeiro Prado, Paulino Figueroa Carbó, Juan Ferreira Martínez, Julio Cabezas Alonso, José Carlos Orge González, Cándido Costas González, Antero Comesaña Piñeiro, Raul Comesaña Pérez, Agustín Pérez Fernández, Emilio Cabezas Alonso, José Julio Jario Rodríguez, Eladio Guisande Alonso, Camilo Alonso Novoa, Avelino Fernández Alonso, Enrique Almuiña Pérez, José Cabezas Comesaña, José Fdz. Comesaña, Rodrigo Alonso González, Juan Fernández Pérez e Manuel Estévez Comesaña.

Foi en decembro de 1977, cando se firmou un convenio entre a banda de música e o Teleclube mediante o cal, o segundo entregaba á banda a cantidade de oito mil pesetas e, a banda cedía ao seu director para dirixir a Coral, así como para crear unha academia de solfexo. Un dato histórico foi o traslado para as novas instalacións, despois dunha longa peregrinaxe por varios locais da parroquia da Banda de Música. O traslado efectuouse no mes de setembro de 1976, por aquel entón os ensaios facíanse nos baixos da casa de Héctor Iglesias Alonso, sendo o motivo fundamental da sinatura deste convenio o non permitir marchar para Celanova ao seu Director. Dende esta data o local da Banda é o que coñecemos na actualidade.

Por estas datas comezaron a ter representación nas asembleas os rapaces máis novos. Aparecen por primeira vez con Guillermo e coa designación de Comisión Xuvenil, unha serie de representantes entre os que estaban: Martín Alonso Costas, Miguel Estévez Alonso, José M. Fernández Troncoso, Manuel Cabral Pérez, Ramón Piñeiro Prado e Paulino Figueroa Carbó aos que con posterioridade se engaden Basilio Cabezas Comesaña, Domingo Comesaña Pérez, Ramón Pérez e Ignacio Pérez. Precisamente  foi cando naceu Xuntanza Xuvenil e, entre os seus fundadores estiveron: Alexandro Alonso, Alberte Costas, Marina Figueroa, Albino Iglesias, José Barreiro...

Nestes anos, comezou a xurdir, dentro da propia directiva, un movemento de reclamación da propiedade dos montes comunais para a parroquia.

Nesta etapa conquírense os premios ao Mellor Teleclube Provincial, Mellor Teleclube Rexional, Mellor Teleclube de España e Mellor Animador Cultural.

     Póñense os primeiros teléfonos nas casas,  as traídas de auga nos barrios teñen un auxe e levouse a cabo a permuta coa Igrexa do Campo da Costa, constrúese o Colexio Infantil e danse os primeiros pasos para a creación da Vogalía da Muller.


Centro Veciñal e Cultural de Valladares - Copyright © 2014